Tuesday, February 23, 2016

A distorsión da historia ao servizo do "políticamente correcto"


Nas últimas semanas foi mediática a suposta descoberta dun matrimonio homosexual datado no 1061 nun documento do tombo de Celanova por Carlos Callón, quen asegura que na Alta Idade Media habería certa permisividade que facilitaría esta cerimonia e que só en séculos posteriores se consideraría pecado a homosexualidade, un auténtico disparate.
1º: Cando se afirma que na Alta Idade Media existía certa "permisividade" significa que nos libri paenitentiales non tiña o lugar de preferencia dos séculos posteriores. 2º: O matrimonio non se converte en sacramento ata o IIIº Concilio de Letrán (1179) cun maior control da sociedade laica por parte da Igrexa impoñéndose sobre outras formas civís de unión de tipo económica baseadas na dote: ese incremento da presencia civil da Igrexa é o que o Sr. Callón confunde ca aparición da "conciencia de pecado" . 3º: A conciencia de pecado non xurde de súpeto, xa existía antes como apreciamos en San Columbano (f.s.VI) , Cesáreo de Arlés (s.VI), Xonás de Orleans (s.IX) ou san Pedro Damiano só dez anos antes da dita cerimonia . 4º: Dende San Agostiño a procreación era a única razón do matrimonio para a Igrexa. A sanción de dito matrimonio resulta pouco veraz por moi mal formado cultural e espiritualmente que estivera o clero galego neses intres previos a reforma de Gregorio VII (1073-1085) tendo en conta que a Hispana (s.VII) era a colección canónica máis completa do alto medievo e que por aqueles anos a Igrexa hispana estaba nun proceso de achegamento a Roma. En canto á literatura empregada polo Sr. Callón, trátase de caricaturas e de tópicos sen necesaria correspondencia real ca sociedade, máxime no caso da Crónica Troiana por razóns obvias.
Todo este cúmulo de disparates verquidos polo "escribinte" Carlos Callón veu ser galardoado na XVIª edición do premio Vicente Risco de Ciencias Sociais, ¿a razón?... está claro que non foi o rigor da suposta "investigación", senon máis ben trátase dun premio concedido pola intención de volver a escribir a Historia dende un posicionamiento "políticamente correcto" aínda que descerebrado, vindo por outra banda dun intruso ignorante en historia medieval, social, eclesiástica e institucional como ven demostrando.
Sexamos serios.

Xerardo Torrado Agulla - Pontevedra

No comments:

Post a Comment